Ruta dos Fornos: Menú

Engadimos o programa de pinchos previsto para a Terceira Edición da Ruta dos Fornos!

Será o 2 de xullo, e convertese xa nunha referencia como actividade integrada na Festa do Pan.

Temos moitas novidades que iremos publicando nos vindeiros dias en referencia á Ruta dos Fornos

programafornos

Preme na imaxe para ampliar

 

Ruta dos Fornos: venta de tickets a partir do 16 de xuño

A partir do 16 de xuño tickets a venta para a III Edición da Ruta dos Fornos. Tickets limitados.
 
Para este evento temos moitas sorpresas que aos poucos iremos desvelando, como adianto… moita música, moita diversión, moito pincho, moito pan de Cea… Autobuses gratuitos desde Ourense e O Carbaliño con regreso, showcookings, showcookings para nenos!!!
 
Non agardas para a último intre. Lembramos, a partir de 16 de xuño, en bares de Cea dispoñibles entradas para o Xantar Organizado da Festa do Pan e tickts para a Ruta dos Fornos.
rutatickets
 
#concellodecea #festadopan #pandecea #rutadosfornos

Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea

Co gaio do 25 Aniversario, unha nova iniciativa dentro dos actos programados para a Festa do Pan.

Trátase dunha Andaina Solidaria a favor de  AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, ELA, Parkinson e outras enfermidades Neurodexenerativas).

Para facer a inscrición so hai que ingresar a cantidade 8 euros na conta habilitada en ABANCA indicando nome e apelidos, en caso de grupos, un nome e número se asistentes, asi como en todos os casos un numero de teléfono de contacto.

Anímaste????

cartelok1200

Preme na imaxe para ampliar